O pan artesán galego, no centro da axenda política

O BNG levou ao Parlamento unha iniciativa en defensa deste produto galego que foi apoiada por unanimidade. Desde o grupo nacionalista consideran que unha maior promoción do pan pode incrementar a demanda e, en consecuencia, "implicará o aumento de superficie cultivada de cereal ocupando terras en abandono e pasto dos lumes cada ano".

Unha persoa prepara un pan da indicación xeográfica protexida do pan galego. (Foto: IXP)
photo_camera Unha persoa prepara un pan da indicación xeográfica protexida do pan galego. (Foto: IXP)
Comentarios