O berro de "Nunca Máis!" volverá resoar o día 16 na Coruña ás portas do macroxuízo

A plataforma cidadá critica que o único plan feito polo goberno da Xunta nestes tres anos sexa unha simple descrición de medios "para actuar en augas tranquilas, litorais e recollidas". Para alén da sinalada está prevista outra manifestación que se fixará ou o 13 de novembro, cando o Prestige mandou a primeira mensaxe de alerta, ou o 1 de decembro, para revivir a primeira gran mobilización
Mobilización do Nunca Máis! en 2002
photo_camera Mobilización do Nunca Máis! en 2002 [Imaxe: flickr Selva de Esmelle]
Comentarios