O Goberno español expedienta o deputado Jorquera e dous edís da Coruña en relación ao despexo de Aurelia Rey

Son oito as persoas ás que a subdelegación da Coruña impuxo unha pena pecuniaria que ascende a 600 euros. A policía española considera que era o voceiro parlamentar do BNG a "cabeza visíbel" do protesto que logrou frear até dúas veces en poucas horas o despexo da anciá de 85 anos e sanciona tamén os edís Xosé Manuel Carril (BNG) e César Santiso (EU) por "impedir a actuación da comisión xudicial". O bombeiro que se negou a cortar a cadea do portal é outro dos expedientados

photo_camera [Imaxes: Óscar Paris]
Comentarios