O estudantado galego reméxese contra a suba das taxas

Comités, Liga Estudantil e Agir consideran que a medida, contemplada no decreto 14/2012 do Goberno español e que vén de ser aprobada no Consello de Universidades, é "inaceptábel", "drástica" e "un brutal ataque ao ensino público". Os tres reitores cadran tamén ao tildar a suba de ''recadatoria''

Concentración dos Comités ás portas da Reitoría da USC contra a suba das taxas
photo_camera Concentración ás portas da Reitoría da USC contra a suba das taxas (Imaxe: Comités)
Comentarios