Nuria: un edificio ilegal, un ERE, un desaloxo e un ictus

Nuria investiu todos os seus aforros nun piso en Arteixo. A comezos de 2007 asinou a hipoteca. En marzo daquel ano entrou a vivir pero a casa sufriu unha inundación antes de poder meter os mobles. As cousas empezaron a ir mal. Perdeu o emprego, perdeu a vivenda, sufriu un ictus e quedou sen ingresos. Segue en preitos co construtor, co banco coa única axuda dun avogado que coñeceu na Plataforma do 15-M. Dez anos despois resiste grazas á nai e ao pai, dous pensionistas.

Nuria Vázquez, diante do edificio en Arteixo onde comprou o piso (3)
photo_camera Nuria Vázquez, diante do edificio en Arteixo onde comprou o piso.
Comentarios