Os novos contaxios caen a 91 e baixan as hospitalizacións

Galiza chega á fin de semana cun alivio na presión hospitalaria ao descender os pacientes Covid a 98 e situarse por baixo do centenar, nove menos que o día anterior, mentres que os novos contaxios deste coronavirus descenden a 91 tras o lixeiro repunte da xornada pasada. Os casos activos redúcense a 2.052.

Dispositivo de realización das probas PCR (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Dispositivo de realización das probas PCR (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios