A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta cuarta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 238, sete menos ca onte.
Deses 238 casos, 26 son da área da Coruña (3 máis ca onte), 171 da de Lugo (12 menos), 4 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 14 da área de Vigo (2 máis), 15 da de Santiago, e 1 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 231 no domicilio.
Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.979 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 223.514.
Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.