De novo na rúa pola sanidade pública

Esta segunda feira a plataforma SOS Sanidade Pública apoiará en Verín as reivindicacións da poboación, en contra do peche do paridoiro e das emerxencias pediátricas no hospital comarcal. A plataforma propón unha grande mobilización a nivel galego que aúne as demandas de persoal sanitario, pacientes e sindicatos. "Queremos unha manifestación centrada nas pacientes", reclaman as Enfermeiras Eventuais en Loita.
A manifestación do 10 de febreiro en Compostela reuníu sindicatos, plataformas e colectivos en defensa da sanidade de toda Galiza (Imaxe: GZ Contrainfo)
photo_camera A manifestación do 10 de febreiro en Compostela reuníu sindicatos, plataformas e colectivos en defensa da sanidade de toda Galiza (Imaxe: GZ Contrainfo)
Comentarios