O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, avanzou a aprobación esta semana dun novo protocolo "de estabilidade" para a hostalaría, que estará "consensuado" e que prevé dar a coñecer esta cuarta feira.
As novas regras permitirán fixar unha capacidade mínima común para toda Galiza, "ocorra o que ocorra nun territorio", sinalou, de forma que "a hostalaría no interior ten que permanecer aberta nunha porcentaxe e noutra porcentaxe no exterior".
Así, subliñou que ademais deste nivel mínimo de capacidade igual para todos os concellos, tamén se prepara "outro par de niveis" cunha porcentaxe de ocupación maior. E a demanda compartida pola hostalaría en todos os casos, recolle o uso das barras no interior.
Excepcións en caso de risco extremo
Con todo, aclarou que se poderá actuar "de forma excepcional" "nunha localidade moi pequena" na que se detecte un gromo de Covid "moi importante" que poida "pór en risco vidas".
Todos os detalles serán abordados nunha segunda reunión coa hostalaría por parte da Xunta, co obxectivo de dar a coñecer canto antes as condicións polas que se rexerán restaurantes, bares e caferías este outono.
Nesta liña, o presidente galego tamén expresou a vontade de que este novo protocolo sirva para garantir o "traballo" e unha mellor "planificación" do sector.
al".