Novo aumento na Galiza de casos activos de coronavirus, unha tendencia que se rexistra desde a aparición de rebrotes como o da Mariña.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta quinta feira, o número de casos activos de coronavirus en Galiza é de 317, catro máis que na xornada anterior.
Deles 73 son da área da Coruña, 64 da de Lugo (12 máis), 18 da de Ourense, 6 da de Pontevedra, 122 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 10 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 313 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI.
Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.649 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 188.328.
En canto a residencias, mantense un único caso activo, que afecta un traballador. Faleceron 274 residentes durante a pandemia.