As nosas extraordinarias aves comúns: o moucho

A máis diúrna entre as rapinas nocturnas, representa desde a Grecia clásica a sabenza e a ciencia. Ocupa igualmente un espazo destacado na cultura popular galega, nas cantigas da que son un bo exemplo as recollidas por Xaquín Lorenzo, e que mesmo Rosalía de Castro levou aos seus escritos. A adaptación dos mouchos aos medios agrícolas tradicionais é mostra de como souberon acomodarse aos cambios que paulatinamente os humanos provocamos no medio natural. Pero curiosamente as novas e rápidas mudanzas que se dan nos medios agrarios están a facer que as súas poboacións vaian esmorecendo paseniñamente. 
Moucho pousado nunha póla seca dun castiñeiro. (Foto: Ramsés Pérez).
photo_camera Moucho pousado nunha póla seca dun castiñeiro. (Foto: Ramsés Pérez).
Comentarios