As nosas extraordinarias aves comúns: a melodía do merlo

"Eu quixera ser merliño e ter o bico encarnado"... é o comezo da popular canción 'O Sancristán de Coimbra' tantas veces cantada ou cando menos escoitada. Non son poucos os contos dos nosos maiores que narran as saídas á procura de niños dos merlos, e multitude de refráns, ditos e poemas os que levan por protagonista unha das nosas especies máis comúns e recoñecíbeis. Ademais de na cultura, está presente nos campos e hortas das aldeas así como nos xardíns e parques de vilas e cidades. Desde finais de inverno acompáñanos co seu canto ao longo de todo o país.
O merlo acompáñanos co seu canto desde finais de inverno ao longo de todo o país. (Foto: Ramsés Pérez)
photo_camera O merlo acompáñanos co seu canto desde finais de inverno ao longo de todo o país. (Foto: Ramsés Pérez)
Comentarios