As nosas extraordinarias aves comúns: a locuaz laverca

Quen non ten paseado por un prado na primavera tendo enriba varias lavercas que semellan estar a discutir sobre cuestións referidas ao seu territorio ou asuntos que se escapan ao noso entendemento? Representantes dunha familia que na Galiza inclúe outras tres especies que se denominan aláudidos, as lavercas son as que máis se fan notar e das que seguramente temos maiores referencias na cultura popular. Porén, como sucedeu noutros territorios de Europa, a súa poboación vai a menos. Quen sabe se neses balbordos que escoitamos aló no alto, mentres voan, están a falar do mal que os humanos estamos a provocar no medio ambiente.
A laverca gusta dos campos abertos, ben sexa con cultivos, ermos, herbeiras de tamaño baixo e é habitual tamén nas beiras dos camiños. (Foto: Ramsés Pérez)
photo_camera A laverca gusta dos campos abertos, ben sexa con cultivos, ermos, herbeiras de tamaño baixo e é habitual tamén nas beiras dos camiños. (Foto: Ramsés Pérez)
Comentarios