As nosas extraordinarias aves comúns: andoriña común

Como recolleu Xaquín Lorenzo Fernández no Cantigueiro Limia Baixa, a andoriña é unha das catro aves que cruzan o mar para vir criar no noso país. A súa chegada de terras afastadas anuncia a primavera e vai encher as casas de sons e alegría. Ben coñecidas nas zonas rurais, adoptaron os humanos como caseiros, e dificilmente imos atopalas aniñando lonxe de calquera infraestrutura que non fora construída por nós. Paxaros ben queridos pola súa locuacidade, voos acrobáticos e por dar boa conta de gran cantidade de insectos, están nun lento declive desde hai anos por varias causas das que aquí falaremos.
A diminución da poboación de andoriñas é debida, entre outras causas, ao incremento no uso de produtos insecticidas que reduce as presas.
photo_camera A diminución da poboación de andoriñas é debida, entre outras causas, ao incremento no uso de produtos insecticidas que reduce as presas.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios