Estar na lusofonía "é cuestión de vontade política"

A decisión da Xunta da Galiza de frear a súa candidatura para ingresar na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa desactiva unha vía de traballo á que a sociedade civil dedicou boa parte dos seus esforzos nos últimos anos. Un dos obxectivos e das liñas de acción esenciais da Lei Valentín Paz Andrade. Porén, non dan a iniciativa por perdida. Defenden a presenza da Galiza na CPLP malia o interese do Estado español de entrar na Comunidade.
cplp reunion 900
photo_camera A XIII cimeira de xefes de Estado e de Goberno da CPLP terá lugar en Angola no mes de xullo (CPLP).