Vigo, A Coruña, Compostela, Ourense e Ferrol acolleron esta terza feira (14 de abril) senllas concentracións contra a reforma da lei do aborto prevista polo Partido Popular e que iniciou a súa tramitación parlamentar no Congreso.
Convocadas pola Plataforma galega polo dereito ao aborto, centos de persoas manifestaron o seu rexeitamento nas rúas. Un feito que vén sucedéndose desde a chegada do Partido Popular ao goberno de Madrid.
Ao berro de 'Aborto libre' desde a Plataforma defenderon o dereito das mulleres a decidiren sobre os seus corpos. "Nen maiores, nen menores", afirmaron, "aborto sen condicións".