-Que esperas de O Diario Galego?
-Un referente para que teñamos unha visión desde nós mesmos, do que está pasando na situación política, económica, social e cultural actual. Necesitamos vernos nun diario.
-Por que é necesario?
-Os medios existentes non recollen a nosa realidade, non son plurais nin son o que esperamos os lectores e as lectoras dun medio de información. Está o Sermos semanal pero necesitamos máis, necesitamos medrar como sociedade e como suxeitos da información.
-Que importancia ou que impulso podería dar O Diario Galego ao tecido asociativo galego?
-Visibilidade. O traballo asociativo, o traballo do activismo cultural, é un traballo de boca a boca, pero tamén necesitamos reflectirnos no que fan outras asociacións e no que está sucedendo ao longo do país. Precisamos ser visíbeis, existir. A xanela na que podemos mostrarnos debe ser un diario que nos ofreza espazo.