A escola pasa de dúas a unha clase de infantil malia as recomendacións de separar o alumnado

Nais e pais de Marín advirten de que varias alumnas quedan sen praza na escola infantil O Grupo

Critican que Educación elimine unha das aulas para as nenas e nenos de infantil na escola O Grupo, a única que conta con servizo de comedor e recollida dos nenos e nenas previa o inicio das clases. O colectivo advirte de que quedan catro alumnas e alumnos fóra e insiste en defender "o ensino público"
Escola O Grupo Marín
photo_camera Imaxe da escola infantil O Grupo de Marín (Foto: Nós Diario)
Comentarios