Nais e pais do CEIP Ramón Cabanillas exixen a Oca Hotels que lles devolva os cartos dunha viaxe de fin de curso

O grupo de proxenitores do alumnado compostelán, que puntualiza que esta semana a cadea asegurou que ingresaría os cartos ao longo deste mes, leva reclamando o diñeiro do sinal desde abril. A situación sanitaria obrigou a manter fechado o hospedaxe e as crianzas non puideron gozar da excursión. Saben, ademais, que nun colexio de Bertamiráns estanse atopando con problemas similares.
manzaneda
photo_camera Complexo da estación de Manzaneda. (Foto: Web Oca Hotels)
Comentarios