A nación dos mil viños: O tesouro das castes

A existencia de distintas variedades de uva incrementa exponencialmente a diversidade de experiencias sensoriais que podemos atopar nos viños. Teñen o seu peso na definición do perfil de cada viño e poden vinificarse por separado, unha a unha, ou combinando varias no mesmo viño. O complexo varietal da Galiza é enormemente rico, diferenciador, foi clave da revalorización dos viños galegos, e agocha unha información valiosísima sobre o noso pasado histórico aínda por desvelar. Aquí chamámoslle castes.
viño acio viña uva