Mulleres da Galiza rural: "O problema non é de baleirado senón de abandono institucional progresivo e silencioso"

Máis da metade das mulleres que habitan na Galiza viven no rural. Mulleres traballadoras, nais, fillas, irmás, coidadoras, emprendedoras e profesionais que loitan por derrubar o muro da invisibilidade mais tamén por borrar as dificultades de acceso á terra, vivenda ou transporte coas que baten a diario. O abandono, o illamento e os problemas de accesibilidade resumen as carencias dun territorio que reclama igualdade, recoñecemento e servizos. No Día Internacional da Muller Rural, mulleres de todas as idades e perfís urxen políticas específicas que garantan a vida e o futuro do medio rural.
Ana Corredoira xunto a unha das vacas da súa granxa, A Cernada, na comarca da Ulloa.
photo_camera Ana Corredoira xunto a unha das vacas da súa granxa, A Cernada, na comarca da Ulloa. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios