O Concello de Monforte remitiu unha solicitude ao presidente da Xunta para pedir o levantamento do peche perimetral do municipio tras os últimos datos das autoridades sanitarias e o paso de alerta vermella a laranxa pola incidencia da Covid-19.
A proposta foi debatida esta segunda feira na xunta de Goberno local, á vista dos últimos datos dados a coñecer pola Consellaría de Sanidade e que revelan a redución no número de positivos rexistrados na localidade.
O rexedor e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, sinalou que o concello "deixe de ter os criterios que motivaron o seu peche perimetral" e tamén o da hostalaría.
É por iso que insta a Xunta a levantar estas medidas e a permitir a reapertura destes establecementos coas restricións establecidas con carácter xeral.