O modelo de atención aos maiores fica en cuestión: 77,2% das prazas son privadas

A pandemia deixou ao descuberto as debilidades do sistema asistencial de atención ás persoas maiores. A alta mortalidade rexistrada nas residencias da terceira idade a consecuencia do coronavirus, con 785 falecidos desde marzo de 2020, non se explica sen as carencias dun modelo denunciado desde anos atrás por persoas usuarias, familiares e traballadoras dos xeriátricos. Mentres continúan as denuncias pola calidade do servizo e a ausencia de medios materiais e humanos, a Xunta da Galiza insiste en manter o actual modelo residencial.
Protesta de familiares de usuarias e usuarios da residencia de DomusVi de Aldán, en Cangas. (Foto: Antía Pérez)
photo_camera Protesta de familiares de usuarias e usuarios da residencia de DomusVi de Aldán, en Cangas. (Foto: Antía Pérez)
Comentarios