Mobilización no IES As Fontiñas por ter que comer na rúa baixo a chuvia

O alumnado deste centro, que tamén imparte ciclos de Formación Profesional, ten prohibido xantar no interior da infraestrutura. Tampouco poden permanecer dentro entre as clases da tarde e as da mañá a pesar do inverno e da súa imposibilidade de trasladarse á casa por ser de municipios afastados de Compostela. Exixen á Xunta que aporte algunha medida para evitar que se vexan á intemperie varias horas.
Algunhas estudantes nas inmediacións do centro. (Foto: Cedida)
photo_camera Algunhas estudantes nas inmediacións do centro. (Foto: Cedida)
Comentarios