A mobilización estudantil segue en Medicina

Após catro xornadas de folga e negociación cos responsábeis da Facultade máis da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o alumnado de Medicina celebra o éxito dun pacto para un ensino digno e de calidade. Menos caótico, respectuoso coas estudantes e xusto nas súas avaliacións. Mais o regreso ás aulas non disolveu o espírito da Asemblea Aberta. Novos grupos de traballo vixían o cumprimento dos acordos e abren o camiño cara a novas conquistas.

alumnado medicina reitorado
photo_camera Durante catro xornadas as estudantes de Medicina baleiraron as aulas para reclamar un ensino de calidade (Arxina).
Comentarios