Miranda pide á Comisión Europea que faga públicos os documentos do Alvia do procedemento contra o Estado

A portavoz do BNG en Europa defende que é de interese público que se coñezan os informes de seguridade ferroviaria. “Non entendemos que a Defensora do Pobo Europeo recoñeza a magnitude da traxedia e, por outro lado, considere que nesta fase do procedemento o interese público se garante mellor se non se permite o seu acceso”.
Miranda Defensora Pobo O'Reilly
photo_camera Ana Miranda, con Emily O'Reilly, a Defensora do Pobo Europeo.
Comentarios