O Ministerio de Sanidade fichou a subdirectora xeral de Farmacia da Xunta, segundo publica o xornalista José Precedo en Eldiario.es. O alto cargo da Xunta de Feijóo está imputada por homicidio imprudente e prevaricación no caso da Hepatite C.
Carolina Gonzalez Criado incorporarase a partir do 1 de abril ao Ministerio de Sanidade para realizar un estudo sobre a área farmacéutica. Após diso, case que con toda seguridade asumirá o cargo de subdirectora xeral de calidade do medicamento.
Carolina Gonzalez é una dos altos cargos do Sergas imputado no caso da Hepatite C. Informes médicos advertían os seus superiores que en varios hospitais galegos estábase a prescribir medicanmentos “non adecuados” a enfermos de hepatite, no canto de subministrar Sovaldi, un medicamento moi caro naquela altura e que precisan os enfermos desa enfermidade.
Desde a Plataforma de persoas afectadas pola Hepatite C, personada na causa que se investiga nun xulgado de Santiago, consideran que o nomeamento é una “burla” e que se está a premiar a esta persoa.