Unha mina de litio sen avaliación de impacto ambiental ameaza o interior

A Xunta da Galiza pretende aprobar a concesión de explotación para a cadea de minas de litio e tantalio que queren implantar entre a serra do Cando e o monte Seixo sen a debida declaración de impacto ambiental. Unha fraude de lei, sinalan colectivos veciñais e medioambientais, que o BNG trasladou ao Parlamento da Galiza para solicitar que o proxecto se someta ao trámite de avaliación de impacto ambiental que exixe a lexislación. 
Contaminación mineira por augas ácidas (MinaTouro Non / Europa Press).
photo_camera Contaminación mineira por augas ácidas (MinaTouro Non / Europa Press).
Comentarios