50% dos médicos galegos contan con cupos de máis de 1.400 doentes

Un médico atende 2.200 persoas no centro de saúde de Seixo en Marín

A redución do orzamento destinado a Atención Primaria nótase particularmente na diminución do cadro de persoal dos centros de saúde e na falla de profesionais para dar resposta ás demandas dos usuarios. Tanto é así, que as principais reclamacións dos colectivos en defensa da sanidade pública e das organizacións sindicais sitúanse nesa dirección.

Protesta das usuarias do centro de saúde de Seixo polos retallos sanitarios.(Foto: Plataforma veciñal)
photo_camera Protesta das usuarias do centro de saúde de Seixo polos retallos sanitarios. (Foto: Plataforma veciñal)
Comentarios