As máscaras seguirán sendo obrigatorias após o estado de alarma

O Goberno central aprobará mañá, día 9, un real decreto coas normas que se deberán seguir unha vez decaia o estado de alarma para evitar rebrotes polo coronavirus, e que obrigarán a usar máscaras sempre que non se poida garantir o mantemento de distancia de seguridade. O uso de máscaras, que se aplicará tamén en transporte público, non será obrigatorio para persoas con problemas respiratorios e crianzas menores de seis anos.
2020050113282359756
photo_camera O Goberno central pautará o uso obrigatorio de máscaras para evitar rebrotes.
Comentarios