O vindeiro 9 de xaneiro en Vigo

A Marcha Mundial convoca un acto en solidariedade coas mulleres kurdas

A Marcha Mundial das Mulleres solidarízase coa loita das mulleres kurdas. E, para expresalo publicamente, convoca un acto o vindeiro 9 de xaneiro ás 20:00 horas diante do Marco de Vigo. A maiores, quere tamén conmemorar as tres activistas kurdas asasinadas hai cinco anos en París. O asasinato, artellado presuntamente polo servizo secreto turco, foi arquivado polo Goberno francés nun suposto acto de complicidade co Goberno de Turquía e as súas políticas antikurdas.
 

kurdistán refrendo voto imaxe de @JccKrg
photo_camera Referendo no Kurdistán. Foto: @JccKrg.
Comentarios