Manuel Quintana Martelo: "Non me interesa o floreiro típico, interésame o obxecto como forma de traballo"

No semanario Sermos Galiza, que atoparás este sábado 31 de outubro nos quiosques ou para a súa lectura na nube acompañando Nós Diario, Lois Alcayde Dans entrevista o pintor, ilustrador, escultor, cartelista e debuxante Manuel Quintana Martelo. Tamén poderás aprender máis sobre o nome co que deberíamos chamar a noite do 31 de outubro: o comercial Halloween, o celta Samaín, Defuntos ou noite dos mortos? Cóntanolo Uxía Castro. Tamén atoparás una reportaxe de Montse Dopico sobre a posíbel creación dunha rede de compañías residentes nas principais cidades e vilas do país, un dos vellos debates que, de forma recorrente, se reactivan na escena teatral galega.

Imaxe da entrevista a Quintana Martelo que publica este sábado 31 de outubro 'Sermos Galiza'.
photo_camera Imaxe da entrevista a Quintana Martelo que publica este sábado 31 de outubro 'Sermos Galiza'.
Comentarios