Máis de 130 colectivos apoian a mobilización

Manifestación en Compostela contra o modelo eólico: "Non é transición enerxética, é unha demolición"

Galiza exporta un de cada tres megawatts de enerxía eléctrica producidos no territorio. Aliás, conta coa terceira maior potencia eólica instalada do Estado, unha cuestión que non impediu este mes de xuño a suba da factura da luz. O país vai camiño de se converter nun "polígono industrial" inzado de aeroxeradores, segundo denuncian os máis de 130 colectivos que hoxe, con motivo do Día do Medio Ambiente, se manifestan en Compostela, Quiroga e Ponferrada contra o modelo de planificación enerxética.
Parque eólico Corzán, en Negreira, operado por Energías Renovables del Noroeste (Foto: Belén Bouzas).
photo_camera Parque eólico Corzán, en Negreira, operado por Energías Renovables del Noroeste (Foto: B. Bouzas).
Comentarios