As tarefas de procura do piragüista desaparecido na mañá da sexta feira no tramo urbano do río Lérez na cidade de Pontevedra déronse por concluídas esta sexta feira á noitiña. Está previsto que esta terza feira á primeira hora se renove o operativo.
Sobre as 09.15 horas desta segunda feira, o operativo de procura renovouse como vén sendo habitual nos últimos días.
Continúan traballando mergulladores do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil, Salvamento Marítimo e membros dos bombeiros e da Policía Local de Pontevedra.
A turbidez da auga, un escollo
A turbidez da auga segue sendo un escollo para avanzar nos traballos de procura de José Manuel Penas Balchada, que foi visto por última vez na zona do río entre a Ponte das Correntes e a gasolineira do Burgo.
Unha persoa que se encontraba correndo pola Avenida de Domingo Fontán alertou aos servizos de emerxencia tras ver como o desaparecido caía da súa embarcación, á que nun primeiro instante logrou agarrarse, pero non puido manterse e acabou afundíndose no río.
O desaparecido
José Manuel Penas, cuxa piragua foi recuperada polos bombeiros horas despois da súa desaparición, está vinculado ao Club Naval de Pontevedra e é irmán da ex piragüista olímpica Ana Penas.