Conchi Reguera Peón, unha muller de 38 anos natural de Pontesampaio, parroquia de Pontevedra, foi acoitelada esta madrugada no que sería o quinto caso oficial de feminicidio na Galiza. As forzas de seguridade estatais desenvolveron un amplo operativo de busca e detiveron esta mañá o sospeitoso, o ex compañeiro sentimental da vítima, que tería fuxido no vehículo da asasinada. O varón, José Antonio Lusquiños Bustelo, naceu no ano 1981 e é veciño de Soutomaior.
Tal e como informa a Policía Nacional, os feitos ocorreron ao redor das 3.50h. Deste caso vense de facer cargo o Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra.
A vítima de feminicidio rexentaba un quiosque na praia da Xunqueira, un estabelecemento que ficou completamente queimado logo de sufrir un grave incendio o pasado 16 de outubro.
Para mañá, domingo, a partir das 11.30h, está convocada unha concentración en Pontesampaio diante da casa da asasinada.