"O máis grande de Galiza está até a cona de...", lema do BNG para o 8M

Humor e irreverencia contra o machismo e contra a linguaxe politicamente correcta. Esa é a aposta do BNG no seu lema para o 8M: "O máis grande de Galiza está até a cona de...". De cobrar menos polo mesmo traballo. Dos asasinatos machistas. De asumir en exclusiva os coidados nas familias. Perante a "desigualdade", a "violencia contra as mulleres" e o "neomachismo" dos gobernos español e galego "non caben a medias tintas", enfatizou Ana Pontón.

DSC_0024
photo_camera Un momento da apresentación da campaña, cun cartaz xa pendurado no mobiliario urbano
Comentarios