As entidades animalistas denuncian que a normativa galega non se aplica

Máis abandono animal e máis maltrato malia a lei

Galiza actualizou en 2018 a súa normativa de protección e benestar dos animais de compañía. Porén, as entidades protectoras e animalistas alertan de que a lei non serviu nin para reducir os casos de abandono, que seguen medrando, nin para diminuír as condutas máis graves de maltrato. O motivo principal: a falta de aplicación do novo articulado, que carga a Xunta de competencias sancionadoras en detrimento dos concellos, sen que exista un reforzo para a súa tramitación.   
 
2020010919005547088
photo_camera As entidades animalistas alertan de que os casos de cans encadeados son "unha constante" na Galiza (Europa press)
Comentarios