O tempo medio de tramitación de cada un dos expedientes ascende a 342 días

Máis de 5.000 persoas dependentes e sen ningunha prestación na Galiza

Un total de 67.169 galegas e galegos atópanse en situación de dependencia, segundo se extrae dun estudo elaborado por Europa Press e publicado na segunda feira. Desa cifra, 5.129 persoas están aínda en listaxe de agarda, á espera de que se tramiten os seus casos e se lles poida asignar unha axuda económica e o prazo medio de tramitación é, segundo o mesmo estudo, de case un ano por expediente.
maiores
photo_camera As persoas maiores son un dos colectivos en situación de dependencia. (Foto: Nós Diario)
Comentarios