Máis de 350.000 persoas pasaron frío nos seus fogares en 2021

A alza de prezos está a agravar a pobreza enerxética. Segundo destaca o Ministerio de Transición Enerxética no informe de Actualización dos indicadores de pobreza enerxética para 2021, presentado no actual mes de decembro, “a análise realizada reflicte o impacto negativo da suba do prezo da electricidade e dos combustíbeis, fundamentalmente nos indicadores relativos á temperatura do fogar e no atraso do pago de facturas”.
O número de familias cunha temperatura non axeitada na súa vivenda triplicouse en catro anos (Foto: Europa Press).
photo_camera O número de familias cunha temperatura non axeitada na súa vivenda triplicouse en catro anos (Foto: Europa Press).
Comentarios