Máis de 236.000 persoas figuran nas listas de agarda dos hospitais galegos

O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Flores, vén de recoñecer os atrasos nas listas de agarda. Até 2023 non se recuperarán os tempos de espera anteriores á pandemia, dixo, sinalando que “serán necesarios dous anos” para volver á normalidade preCovid. Neste sentido, 43.914 persoas agardan por unha cirurxía e 193.622 por unha consulta hospitalaria, o que implica que 236.816 persoas están en lista de espera nos hospitais galegos.

cirurxía quirófano hospital (Europa Press)
photo_camera 43.914 galegos e galegas están a agardar por unha cirurxía. (Foto:Europa Press)
Comentarios