Conséguense as 3.000 presubscricións mínimas

Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego

Un diario en papel en galego verá a luz a finais de 2019. O que naceu como un proxecto hai apenas un ano farase realidade ao lograrmos chegar ás 3.000 presubscricións, o obxectivo mínimo marcado para garantir a estabilidade financeira que permita afrontar os custos de edición do diario en papel e na internet. Unha cantidade que aspiramos a aumentar ao mantermos aberto o formulario de subscrición.

1
photo_camera [Imaxe: Xan Muras] De esquerda a dereita: Xoán Colazo, Xurxo Souto, Nicolasa Castro, Roberto Vilameá, Marga Romero, Xoán Costa, Rubén Lois, Nemésio Barxa, Sira Vidal e Manuel da Cal, diante do mapa de Fontán, no Parlamento de Galiza.
Comentarios