Lobios fica baixo fechamento perimetral e toda a hostalaría poderá abrir até a 1 da madrugada

A decisión foi tomada na reunión que mantiveron na quinta feira, despois de varios cambios de axenda, as e os expertos do comité clínico e os representantes da Xunta da Galiza. Ademais, os bares e cafetarías que teñan servizo de comida tamén poderán abrir até a unha da madrugada aínda sen licenza de restaurante. As medidas estarán en vigor a partir da medianoite do sábado.
Xente paseando por Ribadeo após decaer o estado de alarma e o fechamento con Asturies. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera Xente paseando por Ribadeo após decaer o estado de alarma e o fechamento con Asturies. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios