Galiza conta con 55 especies descritas de cabaliños do demo

Libélulas, baixo o foco dunha rede cidadá

Entomólogos de 13 países promoven unha rede de ciencia cidadá para coñecer o tamaño das poboacións de libélulas de todo o mundo. A comunidade científica sabe da existencia de perto de 6.000 especies, mais non conta con datos suficientes sobre as distintas poboacións para garantir a súa preservación.
A 'Thaumatoneura inopinata' é unha rareza, unha especie tropical que vive só nas fervenzas de Costa Rica e Panamá. (Foto: Adolfo Cordero)
photo_camera A 'Thaumatoneura inopinata' é unha rareza, unha especie tropical que vive só nas fervenzas de Costa Rica e Panamá. (Foto: Adolfo Cordero)
Comentarios