O venezolano Leopoldo López afirmou que a súa viaxe a Galiza tiña como motivo manter xuntanzas con "compatriotas exiliados e vítimas da ditadura de Maduro". Así se expresou a través dunha mensaxe na súa conta oficial de Twitter, despois de que a Policía Local de Cambados propuxese para sanción a López por saltar o peche perimetral.
López atopábase nunha terraza céntrica deste concello arousá, na que estaba coa súa muller, Lilian Tintori, outra parella e menores. "Non me consta que fose multado nin incumprido ningunha norma", asegura tamén Leopoldo López na súa mensaxe a través das redes sociais.
Estoy en Galicia reunido con compatriotas exiliados y víctimas de la dictadura de Maduro.
— Leopoldo López (@leopoldolopez) March 30, 2021
No me consta que haya sido multado ni incumplido ninguna norma.
A Policía Local incoa este expediente sancionador que se remite á Xunta, que decidirá agora sobre se se multa ou non Leopoldo López e ao resto de persoas que se atopaban con el.
Leopoldo López vive en Madrid coa súa familia. Actualmente, existe un peche perimetral entre comunidades como medida contra a pandemia.