Laura Veiga: “A menstruación segue a ser un ámbito no que non se investiga, quizás por ser algo de mulleres"

Pingando naceu do Traballo de Fin de Grao (TFG) da xornalista Laura Veiga para converterse nun proxecto moito máis amplo, no que divulga información sobre a menstruación ao tempo que entrevista a mulleres expertas en diversos temas. O seu proxecto, que recibe o nome dun dos alcumes que a tradición popular lle outorgou á menstruación (“pingadeira”), intenta dar a coñecer un tema que, por estar relacionado co xénero feminino, non sempre foi ben investigado. 
Laura Veiga é xornalista e divulgadora científica. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Laura Veiga é xornalista e divulgadora científica. (Foto: Nós Diario)
Comentarios