Larry Abia é un xogador de baloncesto que naceu en Valencia en 1993. Iniciou a súa carreira na equipa da súa cidade até que no 2014/2015 pasou facer parte do plantel do Leyma Básquet Coruña, onde xoga como aleiro.
Ir a ver un piso y que te digan: “No alquilamos a gente de color” #sigloXXI
— Larry abia (@LarryAbia) 27 de agosto de 2018
Esta segunda feira, Abia denunciou a través da súa conta de twitter que non lle alugaron un piso na Coruña por ser negro. “Era o primeiro cliente do día, cheguei 10 minutos antes á cita, apareceron dúas persoas maiores e a poucos metros de min dicían: “Non lla alugues a ese, dille que non, que é de cor”.
O aleiro conta que decidiu chamar polo seu nome á señora, coa que falou pola mañá por whatsapp e por teléfono, e a parella virouse, “cun sorriso falso”, sen "achegarse a saudar nin nada e dixéronme que tiñan o piso alugado”.
Abia lembra que el era a primeira persoa d día que ía visitar o piso. O club deste xogador, así como o Café Candelas Breogán, recén ascendido á Liga Endesa, manifestaron o seu apoio e solidariedade co xogador.