Mestre e autor do libro 'Cóntame un conto cuántico'

Juanjo Lamelas: "A mecánica cuántica estuda a interacción que existe entre a enerxía, como a luz, e a materia"

Cóntame un conto cuántico é o noveno traballo literario do mestre Juanjo Lamelas, mais tamén é a súa segunda novela de divulgación científica, despois de Por que caen as mazás? Desta volta, o autor ourensán preséntanos con Xerais unha viaxe pola historia da ciencia que se centra nas teorías da física cuántica e que ten a Electroncio como gran mestre de cerimonias e acompañante "retranqueiro", que achegará a visión do mundo dunha partícula elemental.
foto juanjo
photo_camera A divulgación científica e escrita son dúas das paixóns que combina Juanjo Lamelas. (Foto: Nós Diario)
Comentarios