venres 24/09/21

Iván Varela, divulgador científico: "Hai que mudar o feito de que o galego siga sendo unha lingua desprazada na divulgación científica"

Iván Varela e Paula Otero son dous doutores e divulgadores científicos que veñen de lanzar o seu novo proxecto audiovisual Ciencia en Tal. O programa, que terá formato multisección e vai ser emitido en Twitch, busca afondar na divulgación de información de carácter científico en lingua galega e dun xeito ameno e informal. Non é o seu primeiro proxecto deste tipo, polo que a súa experiencia no ámbito da divulgación asegura tanto a calidade dos seus contidos como o atractivo dos mesmos.
 
Iván Varela tamén participou no antigo proxecto de divulgación A Camisola (Foto: Nós Diario)
Iván Varela tamén participou no antigo proxecto de divulgación A Camisola (Foto: Nós Diario)
comentarios