Inventiva contra a presión sobre os alugueiros: "Hai que facilitar o acceso á vivenda sen producir vivenda nova"

A presión sobre o mercado de alugueiros non deixou de crecer desde 2013. Malia non gozar de gran predicamento na Galiza, ao igual que noutros países do sur de Europa, o arrendamento converteuse nunha opción preferente para moitas familia, sobre todo a partir da crise de 2008. Desde entón, o aumento da demanda e a proliferación das vivendas de uso turístico minguou a oferta e propiciou unha suba dos prezos que en cidades como A Coruña, Vigo e Santiago superou 20% en catro anos.
alugueiros carteis
photo_camera Carteis anunciando alugueres en Compostela. (Foto: Arxina)
Comentarios