Inquietude ás dúas beiras do Miño pola liña de Alta Tensión de 400 kv

O Ministerio de Transición Ecolóxica do Goberno español deu o visto e prace á Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorábel para a Liña de Alta Tensión de 400.000 voltios que parte de Fonfría (A Caniza), atravesa varios concellos galegos e cruza o río Miño até se adentrar en Portugal. Unha liña contra a que a veciñanza minhota e galega leva loitando desde hai dez anos, denunciando os prexuízos e consecuencias dun trazado "imposto" e contra o que presentaron 4.500 alegacións.
Mobilización o pasado domingo, día 29, en Arbo contra a liña de alta tensión. (Foto: Concello de Arbo)
photo_camera Mobilización o pasado domingo, día 29, en Arbo contra a liña de alta tensión. (Foto: Concello de Arbo)
Comentarios